Quen somos
A enerxía eólica non se acumula. Nun día de máxima produción nos parques, enerxías que si poden ser controladas, como a térmica, reducen a súa xeración e lle dan preferencia para sacar máis rendemento a unha fonte renovable e limpa.

Quen somos /

Socios

AccionaAcciona: Conta en Galicia cunha potencia instalada de 192.75 MW. Ata 2010 poderá levar a cabo a implantación de alomenos 47 MW máis.
http://www.acciona.es
EasaEasa: Easa mantén catro parques eólicos en funcionamento, que suman unha potencia total de 151,45 MW. A súa sé central atópase en A Coruña, desde onde desenvolven proxectos incluso para o estranxeiro.
Endesa Cogeneración y RenovablesEndesa Cogeneración y Renovables: Conta hasta 2010 con 568,2 megavatios autorizados, dos cales xa están instalados en dez complexos eólicos 441,51 megavatios, distribuídos entre as provincias de A Coruña e Lugo, principalmente. A súa sé para o Noroeste e o Cantábrico atópase en Santiago de Compostela.
http://www.endesa.es
Enel Unión Fenosa RenovablesEnel Unión Fenosa Renovables: A potencia autorizada a Unión Fenosa en Galicia é de 384 MW, dos cales 141,9 atópanse xa instalados e en produción.
http://www.unionfenosa.es
EnerconEnercon: A empresa conta con máis de 50 MW instalados na comunidade. Os modelos das súas turbinas son: E-44, E-48, E-53 e E-70. A oficina comercial para a zona norte localízase en Ferrol. Enercon, na súa intención de contribuír ao desenvolvemento industrial de Galicia, non descarta ampliar as súas instalacións, tanto parques eólicos como centros de fabricación.
EnerfinEnerfin: A empresa integrada no Grupo Elecnor ten unha potencia instalada en Galicia de 130 MW, que forman o complexo de Faro-Farelo, o maior do seu xénero de cantos operan en España.
http://www.enerfin.es
Eólica GalenovaEólica Galenova: A filial eólica de Caixanova, creada en 2005, aspira a converterse nun dos principais xogadores do negocio eólico galego. O obxectivo final é a explotación de 600 MW en Galicia, ó redor de cincocentas máquinas. Conta con 96 MW eólicos autorizados ata 2010. O plan eólico de Galenova realízase a través da xestora Alarde.
http://www.alarde.es
EuroventoEurovento: Por detrás de Gamesa e ECYR, é a terceira promotora máis importante de Galicia por potencia instalada -259,9 MW-. Fronte ó horizonte de 2010 autorizouselle a implantación de ata 525,3 MW. Ten tres zonas básicas de actuación: A Mariña Lucense, a comarca suroccidental da provincia de A Coruña (Muros, Carnota, Mazaricos e Dumbría) e o límite entre Pontevedra e Ourense en O Suído e Faro de Avión.
http://www.eurovento.com
Frinsa EólicaFrinsa Eólica: Frinsa Eólica incorporouse á Asociación Eólica de Galicia en 2007. Cuenta cun parque eólico en Monte de San Alberto, Ribeira, provincia da Coruña, con 15,6 megavatios de potencia instalada.
GamesaGamesa: Primeiro fabricante de diversos compoñentes eólicos en Galicia. A súa potencia total instalada é de 586,07 MW, se ben os megavatios autorizados suman 760. A súa sé principal localízase en Santiago de Compostela, mentres que as súas localizacións industriais se reparten entre Sigüeiro, As Somozas, Bergondo e Ourense.
Hepotas S.L.Hepotas S.L.: Hepotas, S.L. ingresou na Asociación Eólica de Galicia en 2009. A súa sé central radica en A Coruña. Nese mismo año desenvolve un parque eólico de 8 MW no municipio de Muras (Lugo).
IsoluxIsolux: Unha das últimas empresas que se incorporaron á Asociación Eólica de Galicia. O Plan Estratéxico concedeulle 50 MW eólicos autorizados ata 2010. A través da súa filial Emesa, son líderes na fabricación de fustes e doutros compoñentes eólicos.
NorventoNorvento: Iniciouse no sector eólico en 1994, pero non foi ata 1996 cando conseguiu da Xunta o seu primeiro Plan Eólico Estratéxico, que foi obxecto de ampliación en 2002. As súas áreas de actuación son sete, con una potencia autorizada de 96 MW. A súa sé social está en Lugo.
http://www.norvento.com
Rodonita EnergíaRodonita Energía: Empresa pertencente ao Grupo Campo. Na actualidade conta con 15,6 MW instalados, distribuidos nos parques eólicos de Couteiro e Vilachá, de 7,8 MW cada un, sitos nos municipios de Ourol e Muras (Lugo).
SomersaSomersa: Trátase dunha empresa promovida polo Concello de As Somozas e centrada na xeración por medio de fontes renovables. No seu parque atópase o muíño de maior potencia de Galicia, de tres megavatios, posto en funcionamento en 2006.
SotaventoSotavento: Sotavento Galicia, S.A. constitúese en 1997 como un parque eólico experimental promovido pola Xunta de Galicia. Consta dunha liña de vintecatro aeroxeradores que suman unha potencia de 17,56 MW, cunha produción estimada de 38.500 MWh/ano. No seu accionariado participa capital público e privado.
http://www.sotaventogalicia.com
Vestas EólicaVestas Eólica: A planta de produción localízase en Viveiro, e é a primeira empresa por facturación da provincia de Lugo, con máis de 178 millóns de euros en 2004. Céntrase na fabricación de hubs e nacelles desde 750 Kwh ata 900 Kwh; actualmente atópase nun proceso de aprobación para nacelles de 1.500 Kwh e 1.650 Kwh. A potencia autorizada para a creación de parques eólicos ata 2010 é de 90 MW.
http://www.vestas.com.es
Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb