Datos do sector
A enerxía eólica non se acumula. Nun día de máxima produción nos parques, enerxías que si poden ser controladas, como a térmica, reducen a súa xeración e lle dan preferencia para sacar máis rendemento a unha fonte renovable e limpa.

Datos do sector /

O contexto mundial

A potencia eólica instalada no mundo a finais de 2003 acadaba os 39.249 MW, cantidade suficiente para satisfacer a demanda de dezasete millóns de fogares.
Para facernos unha idea do medre operado no sector, basta con consignar que do total de 39.249 MW instalados, 7.948 MW corresponde a 2003, o que equivale ó 20,24% de toda a potencia, e a un crecemento do 25,1% nun só exercicio.

A potencia eólica instalada en Europa a finais de 2003 era de 28.490 MW, equivalentes ó 72,6 % do total mundial. As previsións realizadas pola Asociación Europea de Enerxía Eólica para 2030 están a ser revisadas ó alza. As estimacións para 2010, que eran de 40.000 MW de potencia instalada, sitúanse agora nos 60.000 MW. Iso induce a pensar que o obxectivo inicial de alcanzar os 100.000 MW para 2030 se van a converter en 170.000 MW.

Eurovento

No contexto tecnolóxico actual, España é a segunda potencia no ranking eólico de Europa -6.237 MW instalados en 2003-, por detrás de Alemaña (14.609 MW) e a terceira do mundo, é unha posición similar aos Estados Unidos de Norteamérica (6.370 MW). A progresión inversora de España, e o apoio lexislativo, foi o que permitiu acadala, o que nos pode situar á cabeza mundial se Alemaña segue a perder posicións.
O futuro da enerxía eólica en España perfilase como un sector aínda en crecemento. Demóstrase a través dos logros alcanzados ata o momento, que fan da eólica o líder das enerxías renovables:

- O 15,7% da enerxía consumida na UE procede de enerxías renovables. Si incluímos a gran hidráulica, a porcentaxe ascendería ó 29,4%.
- A finais de 2004, a produción eólica satisface o 6,5% da demanda eléctrica nacional.
- A eólica representa por si soa o 20% do incremento enerxético de España.

As posibilidades de futuro do sector son enormes para Galicia, xa que as oportunidades non se esgotan na simple apertura de parques. Esténdense tamén á creación de empresas especializadas na fabricación e modernización de maquinaria e compoñentes de xeración eléctrica.
A renovación dun parque completa o seu ciclo nun período comprendido entre os catorce e quince anos. Iso fai que ademais do emprego directo que produce a súa xestión e mantemento, o funcionamento dun alto número de centrais eólicas significa a necesidade correlativa dunha empresa auxiliar de crecente importancia no marco da nosa estrutura industrial. Estamos pois, ante un escenario de grandes oportunidades para Galicia, que dispón dun contexto moi favorable para manter o crecemento constante ó longo das dúas próximas décadas.

Pais
Ano 2000

Ano 2001

Ano 2002
Ano 2003
Alemaña
España
Dinamarca
Galicia
Holanda
Italia
Reino Unido
Suecia
Grecia
Francia
Austria
Portugal
Irlanda
Bélxica
Finlandia
Luxemburgo
6.113
2.235
2.300
618
446
427
406
231
189
66
77
100
118
13
38
10
8.754
3.337
2.417
974
493
697
474
290
272
78
94
125
125
31
39
15
11.994
4.825
2.889
1.302
693
788
552
345
297
148
140
195
137
35
43
17
14.609
6.022
3.110
1.614
912
904
649
399
375
239
415
299
186
68
51
22
Total UE 12.769 17.241 23.098 28.440
Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb