Datos do sector
Moitos operarios das subestacións cursaron estudios do segundo ciclo de Formación Profesional, nas ramas de Electrónica, Electricidade, ou a recente Mantemento Industrial e Enerxías Renovables.

Datos do sector /

Fabricación de compoñentes

Os promotores agrupados na EGA propiciaron a creación dun consolidado tecido industrial para a fabricación de compoñentes. De aí que Galicia conte con numerosas factorías de materiais eólicos, que subministran o 80% dos bens e servizos que require a construción dos parques eólicos. Por iso, a maior parte de aeroxeradores (sexan a góndola, as pas, as torres ou as multiplicadoras) empregados nos complexos desta comunidade levan selo de orixe galega. Gamesa, Ecotècnia, Navantia Turbinas e Vestas, son algúns dos fabricantes que se poñen a disposición da enerxía eólica en Galicia.

As factorías están localizadas en puntos estratéxicos do territorio galego para facilitar da mesma maneira o seu traslado ata o terreo onde se desenvolverá o proxecto. Tanto o fuste como as pas teñen unha lonxitude media de trinta metros, polo que deben moverse con extrema precaución e en vehículos especiais. Ás veces un equipo especializado debe trasladarse ata o propio emprazamento eólico para soldar alí as pezas da máquina.

Gamesa Eólica

Pas de rotor

As pas de rotor soen construírse empregando unha matriz de mallas de fibra de vidro impregnadas dun material como o poliéster ("GRP = Glass fibre reinforced polyester"). O poliéster é endurecido despois de que impregnou a fibra de vidro. O epoxi pode ser utilizado en lugar de poliéster. Desta forma a matriz base pode estar fabricada, total ou parcialmente, de fibra de carbono, que é un material con alta resistencia e lixeireza, aínda que máis caro. En grandes pas de rotor tamén están a ser utilizados materiais laminares madeira-epoxi.

Estas pas, antes de saír de fábrica, son sometidas ás denominadas probas de fatiga: Son flexionadas utilizando un ciclo próximo á frecuencia natural da pa. A frecuencia natural é aquela coa que a pa oscilará dunha parte a outra, se a empurra unha vez nunha determinada dirección e logo a solta. As frecuencias naturais son diferentes na dirección de flap e na dirección periférica: A pa tende a ser moito máis ríxida nesta última, polo que ten unha frecuencia natural máis alta para a flexión periférica.

Cada pa é posta en movemento por un motor eléctrico montado sobre ela que balancea un peso cara arriba e cara abaixo. As cimentacións que soportan o casquete da pa deben ser moi sólidas, poden chegar a comporse de 2.000 toneladas de formigón. As especificacións das probas de homologación para as pas de rotor diverxen segundo o país da súa posta en práctica. Son moi estritas en España, onde se requiren ensaios físicos tanto das propiedades de fatiga (ensaio de fatiga) como das propiedades de resistencia (ensaio estático).

As factorías adicadas á fabricación de pas en Galicia son LM Composites, en As Pontes, e Gamesa- As Somozas, de Gamesa, en As Somozas.

Vestas
 
Vestas

Torres

A maioría das torres nos aeroxeradores modernos son tubulares tronco-cónicas, elaboradas en aceiro. É complicado conseguir esa forma cónica, pois a tensión (presión) dos cilindros de aceiro ten que ser diferente en ambos extremos, co fin de que a prancha se curve axeitadamente.

As torres son ensambladas a partir de subseccións cónicas máis pequenas, que son cortadas e laminadas coa forma correcta, e posteriormente unidas por soldadura. Soen fabricarse en módulos de vinte a trinta metros, sendo o transporte por estrada o factor limitador. Os pesos típicos das torres modernas son de corenta toneladas para unidades de cincuenta metros, ás que lles corresponden turbinas cun diámetro de rotor de 44 metros (600 kW), e de oitenta toneladas para unha torre de sesenta metros, para un diámetro de rotor de 72 metros (2.000 kW).

Cada sección da torre está soldada cun cordón lonxitudinal e outro circular ca une ás seguintes seccións da torre. Isto faise colocando as seccións sobre un banco de rodeiros que xira lentamente. Mentres un operador cunha máquina de soldadura por arco asolagado solda as seccións dende o exterior, outro fai o correspondente cun grupo de cordóns no interior.

As torres soen estar unidas con pernos ás cimentacións de formigón sobre as que repousan. Nembargante, hai outro método no que a parte inferior da torre é coada dentro da cimentación de formigón, polo que a parte máis inferior da torre ten que ser soldada directamente no propio emprazamento.


Este sistema require que a torre estea provista de guías e abrazadeiras especiais para manter as dúas seccións do fuste no seu sitio mentres se está a realizar a soldadura. Tamén precisa unha pequena fábrica de torres móbil, incluíndo un xerador, un equipo de soldadura e outro de inspección de rayos-x, para supervisar os cordóns de soldadura.

En Galicia, as empresas dedicadas á fabricación de torres son, entre outras, Gamesa- As Somozas, en As Somozas, Emesa, en Coirós, Montajes del Atlántico, en Mugardos, e Danigal SA, en As Pontes, todas elas na provincia de A Coruña.

Outras compañías localizadas en Galicia dedícanse á ensamblaxe das pezas que conforman o aeroxerador, como Ecotècnia Galicia, en As Somozas, Gamesa Eólica, en Sigüeiro, e Vestas en Viveiro.

O control e mantemento dos parques, unha vez instalados, corre a cargo de Siemsa Galicia, en A Coruña; Gamesa Eólica, en Bahamonde (Lugo); Energea, nas súas instalacións de Mazaricos (A Coruña), A Cañiza (Pontevedra) e Ferreira de Valadouro (Lugo); e Aldebarán, en A Coruña.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb