Datos do sector
A enerxía eólica non se acumula. Nun día de máxima produción nos parques, enerxías que si poden ser controladas, como a térmica, reducen a súa xeración e lle dan preferencia para sacar máis rendemento a unha fonte renovable e limpa.

Datos do sector /

Investimento

O contexto actual no que se atopa a enerxía eólica non pode ser máis óptimo para o investimento. Non só destaca fronte ó resto das renovables, senón que representa unha solución real para afrontar o incremento do consumo eléctrico no mundo, e unha oportunidade singular e importante para a economía galega.

Levantar un complexo eólico supón unha inversión moi forte que, na maioría dos casos, non se recupera de forma inmediata, senón ó longo prazo. O presuposto necesario para instalar un parque tipo de 23,2 megavatios (MW) é de 993.175 euros por megavatio practicamente un millón de euros. A potencia eólica instalada a 31 de decembro de 2004 foi de 1.914 megavatios, polo que o total investido en 2004 foi de 1914 millóns de euros. Un parque destas características xera ó año 65.666,7 MW, que obtidos de trinta e cinco aeroxeradores dotados dunha potencia unitaria de 663 kW.
O tempo que ha de consumir un promotor na instalación dun parque eólico en Galicia é de 26,5 meses. Do tempo total invertido, só 7,91 meses corresponden ás obras necesarias para construír o parque. O resto, dezaoito meses, dedícanse a trámites administrativos, informes ambientais, obtención de concesións, etc.

Os costos atribuídos á posta en marcha dun parque tipo podemos dividilo en catro categorías:

- A obra civil
- A infraestrutura electromecánica
- Os aeroxeradores
- Outros:
o Proxecto de enxeñería
o Licencias municipais
o Estudios de avaliación dos recursos eólicos
o Estudios medio ambientais e arqueolóxicos

A contribución ó reforzo da rede eléctrica contabilizarase como un epígrafe a maiores, xa que a infraestrutura do transporte existente nos lugares onde se localizan os muíños non permiten, na case totalidade dos casos, evacuar a enerxía producida polas instalacións preexistentes.

Investimento por megavatio

Un dos parámetros empregados en coñecer o costo total por megavatio. O investimento que supón a construción dun parque eólico a deduciremos con só saber a potencia que se desexa instalar.

Diversos estudios realizados pola EGA nos indican que o prezo de cada megavatio instalado en Galicia é de 993.175 euros, repartidos da seguinte maneira:

Inversión por MW
Obra civil
Infraestructura electromécanica
Aeroxeradores
Outros gastos
Contribución ó reforzo da rede
75.247,90 €
138.356,79 €
705.910,97 €
25.815,47 €
47.843,34 €
Total
993.174,47 euros

Para unha mellor visualización da porcentaxe invertido en cada unha das partes, obsérvese o seguinte cadro:

Investimento económico sobre un megavatio

Ademais do investimento necesario para pór en produción un parque eólico, se contabilizan outros gastos pola súa explotación, que se poden dividir en catro grandes partidas:

- Aluguer de terreos
- Xestión e mantemento
- Seguros e impostos. Dentro destes inclúese o Imposto de Actividades Económicas (IAE) e o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI).
- Outros gastos. Inclúe o seguimento medioambiental que se realiza nos parques, así como o custo das auditorías obrigatorias ou voluntarias que podan realizarse.

Os gastos de explotación anuais dun parque galego tipo ascenden a 23.982, 73 euros por megavatio instalado.

Gastos de explotación por MW
Aluger de terreos
Xestión e mantemento
Seguros e impostos
Outros gastos
2.249,9 €
17.506,5 €
3.863,33 €
363 €
Total
23.982,73 euros
Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb