|
O promotor eólico pode xestionar directamente as súas instalacións ou ben confiar a tarefa a outra compañía, sexa esta vinculada ó grupo empresarial ou allea. Algúns membros de EGA crearon as súas propias sociedades filiais expertas en xestión e mantemento. Tal é o caso de Aldebarán, Energea e Siemsa Galicia.
A explotación e o mantemento dun parque tipo de 23,2 megavatios proporciona emprego estimado a 7,25 traballadores.
Dado que as condiciones de Galicia son especialmente aptas para o aproveitamento enerxético do vento, os parques superan as 2.800 horas equivalentes de funcionamento. Iso explica por qué a comunidade, co 25% da potencia instalada en España, achega á rede o 30% da enerxía xerada.
 |
|
Vestas
|
A vida útil dun parque estímase nuns vinte años, si ben tal período pode ampliarse cun axeitado programa de mantemento. Este non só ten sentido para paliar o desgaste dos materiais ou a mingua do rendemento polo uso ou o paso do tempo. Tamén pode proceder a renovación cando -alcanzada a amortización- conveña incorporar os avances tecnolóxicos, que neste campo camiñan a un ritmo que recorda o das innovacións informáticas.
Durante as dúas décadas de vida útil, o gasto anual de explotación dun parque medio xira ó redor dos 24.000 euros; é dicir, precísanse 480.000 euros para manter en condicións de funcionamento a instalación.
A xestión dos aeroxeradores realízase por medio de programas informáticos e con ferramentas que permiten o control a distancia.
O maior inconveniente dos parques eólicos é a dificultade para garantir con antelación o volume de enerxía que se verterá á rede. Diversas empresas e organizacións están desenvolvendo programas de investigación para avanzar na predictibilidade. Trátase do grande reto do sector.
|