|
Galicia conta cun sistema enerxético moi equilibrado, cun elevado valor estratéxico, tal e como reflicte a súa considerable achega do 8% ó Produto Interior Bruto (PIB). Este segmento económico e empresarial é unha das principais fontes de emprego: 10.500 postos de traballo directos e máis de 22.000 indirectos, o que pon de manifesto a importancia deste tecido industrial e de servizos.
O parque de xeración de enerxía eléctrica en Galicia no ano 2006 representa o 10,9% do total de España. Contribúe desta maneira co 19,5% de potencia instalada no segmento de enerxías renovables, se se inclúe a grande hidráulica, e co 21,7% se non se considera.
|
|
|
Galicia (MW)
|
% Galicia fronte ao total de España
|
| Centrais en réxime ordinario |
|
|
|
 |
Hidráulica Nuclear Carbón Fuel/Gas
|
17.004 7.597 10.982 26.786
|
2.876 0 1.946 539
|
16,9 0 17,7 2,0
|
| Total réxime ordinario |
62.369
|
5.361
|
8,6
|
 |
| Centrais en réxime especial |
|
|
|
Non renovables Solar Eólica Hidráulica Biomasa Residuos
|
6.466 95 11.125 1.771 527 589
|
522 1,98 2.621 412 50 67
|
8,1 2,1 23,6 23,3 9,5 11,4
|
| Total réxime especial |
20.571
|
3.647
|
17,9
|
| Total |
82.940
|
9.035
|
10,9
|
 |
Estas cifras e o estudio comparativo da superficie e da poboación galega en relación coa española amosan que esta comunidade ocupa un espazo estratéxico nun sector esencial para o desenvolvemento dun país. Unha análise detallada dos 9.035 MW de potencia instalada nas catro provincias galegas reflicte a importante segmentación das tecnoloxías implantadas para facilitar e pór no mercado enerxía para o consumo.
Para a produción en réxime ordinario, Galicia conta con instalacións hidráulicas e térmicas e, no caso do réxime especial, con instalacións de coxeración, eólicas, mini hidráulicas, de biomasa e de residuos.
Dispón dunha grande capacidade para transformar enerxía. Isto quere dicir que a súa infraestrutura transformadora produtiva non só actúa sobre os recursos propios, senón tamén sobre os produtos primarios procedentes del exterior, incluídos os refinados do petróleo. Galicia posúe un sistema de produción enerxética sólido e diversificado, capaz de responder plenamente á demanda do mercado actual.
|
|
|
Galicia (MW)
|
% Galicia fronte ao total de España
|
| Centrais en réxime ordinario |
|
|
|
 |
Hidráulica Nuclear Carbón Productos petrolíferos Gas natural
|
2.178 5.171 5.784 1.485 5.695
|
572 0 1.103 64 0
|
26,3 0 19,1 4,3 0
|
| Total réxime ordinario |
20.313
|
1.739
|
8,6
|
 |
| Centrais en réxime especial |
|
|
|
|
Gas natural Productos petrolíferos Carbón Hidráulica Eólica
Biomasa, residuos
Solar fotovoltaica
|
2.070 564 44 359 1.980
718
15
|
71 90 0 106 533
51
0
|
3’4 16’0 0,0 29’5 26’9
7,1
1,3
|
| Total réxime especial |
5.749
|
851
|
14,8
|
| Total xeración eléctrica bruta |
26.062
|
2.590
|
9,9
|
| Xeración eléctrica de orixe renovable |
5.250
|
1.262
|
24’0
|
| Xeración eléctrica con carbón |
5.828
|
1.103
|
18’9
|
 |
A tendencia á importación de enerxía primaria enfatizouse a partires do 31 de decembro de 2007, momento no que os lignitos de Meirama e As Pontes deixaron de explotarse, e as súas centrais continuan a traballar con carbón importado. No caso Endesa en As Pontes, unha central de ciclo combinado de nova construcción emprega como combustible gas natural para producir 770 MW que complementen a electricidade xerada pola central térmica.
A estratexia seguida polo Goberno de Galicia é intentar non incrementar esa dependencia impulsando o desenvolvemento, a instalación e o uso das fontes renovables, fomentando un escenario que cumpre as recomendacións xurdidas tralo cumio de Kioto. A xestión dos recursos enerxéticos dun país é un factor clave para a súa expansión empresarial e, polo tanto, na súa actividade económica. Por iso, en consonancia co desenvolvemento sostible, é función das políticas públicas a busca dun balance equilibrado entre crecemento económico e respecto ó medio.
Os avances tecnolóxicos asociados á evolución da sociedade repercuten nunha demanda crecente da enerxía. Isto deriva nunha necesidade de mellora das infraestruturas enerxéticas de xeración, transporte e distribución. Por outra banda, os importantes impactos ambientais asociados ó sector esixen tamén o desenvolvemento de políticas enerxéticas que consideren este aspecto como estratéxico. Desta maneira, deben buscarse solucións de compromiso para asegurar a consecución simultánea de ambos obxectivos: Seguridade no subministro e diminución do impacto ambiental do ciclo enerxético, fundamentalmente para acadar os obxectivos do Protocolo de Kioto.
Parte da solución sería compatibilizar o impulso das fontes renovables coas convencionais, introducindo, neste último caso, métodos de eficiencia, que limiten a súa capacidade contaminante para cumprir cos recentes compromisos medioambientais.
A importancia das enerxías convencionais compróbase na achega dos combustibles fósiles á enerxía primaria que en Galicia se transforma, a cal se sitúa moi cerca do 86%. A escala mundial, os produtos enerxéticos de orixe fósil superan o 80% da enerxía primaria. Isto constata claramente co transporte, xunto coa enerxía dirixida a producir calor e electricidade, son os principais ámbitos de consumo dos combustibles fósiles.
|