Datos do sector
Galicia consome o 63% da enerxía eléctrica total que produce. O parque eólico galego cobre o 21% do consumo doméstico. O parque de enerxías renovables, incluíndo a enerxía hidráulica e solar, cobre o 52% da demanda da comunidade.

Datos do sector /

O sector eólico en Galicia

A finais de 2003, Galicia tiña o 25,5% da potencia eólica instalada en España (1.614 MW), moi superior á de países como Italia, Holanda, Reino Unido ou China, con economías que figuran nos primeiros postos do ranking mundial. A súa contribución en quilovatios-hora xerados era incluso superior, do 29,28%, o que indica a eficiencia dos parques galegos.

Se consideramos Galicia por si mesma estaríamos a falar da sexta potencia eólica mundial -e a cuarta de Europa- despois de Alemaña, Estados Unidos, o resto de España, Dinamarca e a India. O posto conseguido só se explica pola perfecta adecuación existente entre as condicións climatolóxicas e orográficas do país coas esixencias dun modelo enerxético que representan a día de hoxe o avance máis claro no terreo da cultura ecolóxica e das enerxías renovables.

Ó igual que no pesqueiro, tamén no sector eólico Galicia logrou levantar un elenco de compañías que, ben con capitais propios ou xerando divisións empresariais asentadas en Galicia, logrou a iniciativa suficiente para por en activo as condicións eólico-xeradoras do territorio e para instalar unha empresa auxiliar competitiva, estable e con futuro.

Ecyr

Esta posición, lograda cun enorme esforzo empresarial e nun momento de baixos costos enerxéticos, pode perderse moi pronto en función de cinco datos esenciais:

- O encarecemento das enerxías fósiles e a previsible inestabilidade dos subministros.
- O forte avance das tecnoloxías de xeración eólica, que aumenta a rendibilidade directa e as expectativas futuras do sector.
- A ampliación dos espazos de instalación de aeroxeradores vinculados ás plataformas marítimo-continentais.
- A entrada en vigor do Protocolo de Kioto e doutras medidas asimilables, que obrigan a reducir notablemente as emisións de dióxido de carbono e doutros gases contaminantes.
- O mercado constante que se deriva das actividades de mantemento, reposición e innovación dos parque eólicos, que nun cálculo aproximado, supoñen a súa reinstalación cada once años.

A Asociación Eólica de Galicia permanece especialmente atenta á evolución destas variables e aos efectos que da devandita evolución puidera ter sobre o ritmo de renovación dos parques existentes e sobre a necesidade de comprometer os importantes recursos que son necesarios para a optimización dos novos escenarios abertos.

A actividade empresarial non garante o éxito desta labor por parte da EGA, máis ben depende de factores de natureza pública que só pode cerrarse en círculos institucionais: Unha adaptación do Plan Eólico de Galicia que conserve as liñas estratéxicas do sector e que permita un crecemento similar ao recollido no Plan Nacional de Energías Renovables 2005-2010, aprobado en xullo de 2005. As previsións da nova normativa estiman nun 12,1% o consumo de enerxía primaria que será abastecido por enerxías renovables.

No obstante, en 2004 variou a tendencia e se volveu descendente, xa que foi o primeiro ano que a comunidade galega non liderou o incremento de instalación de potencia, ata quedar relegada ó terceiro posto na lista autonómica. O Plan Eólico de Galicia, aprobado en 1995 e axustado en 1997, prevía chegar a 2005 con 3.000 MW instalados. Nese momento, segundo os cálculos do Plan, o sector eólico en Galicia tería xerado 2.000 empregos directos e unha inversión de 2.200 millóns de euros.

De acordo coa revisión do Plan de Fomento de Enerxías Renovables en xullo de 2005, considérase razoable un horizonte de xeración de 6.500 MW en 2010 en Galicia. No resto de España, o área eólica sitúa os eu novo obxectivo de incremento en 12.000 MW adicionais nese período dos próximos cinco años, o que supón finalizar a década cunha potencia total instalada de 20.155 MW.

Nembargante, o criterio da EGA é o de acadar a potencia total sinalada de 6.500 MW. Isto significa instalar anualmente en torno a setecentos megavatios, entre os anos 2005 e 2010. Nestes termos, a Galicia interésalle moito o potencial económico derivado da investigación, da fabricación de compoñentes e da instalación e funcionamento dos parques. A creación de emprego que ampara unha inversión inicial de 4.500 millóns de euros -dos que un 7,54%, aproximadamente 3.310 millóns de euros, corresponderían ás actividades de instalación e xestión e ás compras de equipos e servizos fabricados en Galicia- estímase en 3.300 postos de traballo directos, que se proxectarán sobre 6.730 e 9.300 empregos indirectos.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb