O vento en Galicia
A eólica é unha variable da enerxía solar. O sol quenta máis o aire que está sobre a terra que o que está sobre o mar. Entón expándese e se eleva, diminuíndo así a presión sobre o terreo e facendo que o vento sopre desde o mar cara á costa.

O vento en Galicia /

A rosa dos ventos

Para mostrar a información sobre as distribucións de velocidades do vento e a frecuencia de variación das direccións, pode debuxarse a chamada rosa dos ventos baseándose en observacións meteorolóxicas.

Gráfica a rosa dos ventos

Botar unha ollada a un destes esquemas é extremadamente útil para situar muíños. Se unha grande parte da enerxía do vento procede dunha dirección particular, o que desexará, cando coloque unha turbina eólica na paisaxe, será atopar a menor cantidade de obstáculos posibles nese ángulo, así como un terreo o máis liso posible.
No exemplo anterior –un rexistro tipo en Galicia- a maior parte da enerxía chega do suroeste, polo que non precisaríamos preocuparnos dos obstáculos ó leste do aeroxerador, xa que apenas chegaría nada desde esas direccións.
Nembargante, os modelos eólicos poden variar dun año a outro, así como o contido enerxético (normalmente ó redor dun 10%). Por iso, o máis conveniente é realizar observacións durante varios anos para poder obter unha media fidedigna. Os proxectistas de grandes parque eólicos contan normalmente cun ano de medidas locais e utilizan observacións meteorolóxicas a longo prazo das estaciones climáticas próximas para obter unha media o máis fiable posible.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb