Galicia consome o 63% da enerxía eléctrica total que produce. O parque eólico galego cobre o 21% do consumo doméstico. O parque de enerxías renovables, incluíndo a enerxía hidráulica e solar, cobre o 52% da demanda da comunidade.
O vento en Galicia /
Emprazamento
Os promotores eólicos dedican entre un ano e medio e dous a estudar as localizacións máis favorables e rendibles tanto para a empresa como para os propietarios dos terreos, antes de comezar a construción.
Normalmente, o mero feito de observar a natureza resulta de excelente axuda á hora de atopar un emprazamento apropiado para o aeroxerador. As árbores e matagueiras da zona serán unha boa pista para saber cal é a dirección de vento dominante. Se nos movemos ó longo dun litoral accidentado, observaremos que séculos de erosión traballaron nunha dirección en particular.
Os datos meteorolóxicos, obtidos en forma de rosa dos ventos durante un prazo de trinta anos son, probablemente, a mellor guía, completados coa información recollida directamente no seu emprazamento. As velocidades do vento son fortemente influenciadas pola rugosidade da superficie da área circundante, polos obstáculos próximos (coma árbores, faros ou outras construcións) e polos arredores do terreo. En Galicia atopáronse, durante o estudo previo das localizacións, mámoas e outros monumentos megalíticos –configuran o patrimonio histórico da comunidade- , así como especies arbóreas protexidas que deben ser respectadas e ben sinalizadas.
Obviamente, os grandes muíños teñen que ser conectados á rede eléctrica. Para os proxectos de menores dimensións é fundamental que haxa unha liña de alta tensión de 10 - 30 KV relativamente próxima para que os custes de cableado non sexan prohibitivamente altos. As grandes turbinas eólicas modernas xeralmente producen a electricidade a 690 vatios. Un transformador colocado preto da turbina ou dentro da torre converte a electricidade en alta tensión (normalmente hasta 10 - 30 KV).
A viabilidade tanto de realizar as cimentacións das turbinas, así como de construír estradas que permitan a chegada de camións pesados hasta o emprazamento deben terse en conta en calquera proxecto..
Dado que un aeroxerador produce enerxía a partir da enerxía do vento, o aire que abandona a turbina debe ter un contido enerxético menor que o que chega á turbina. Isto dedúcese directamente do feito de que a enerxía nin se crea nin se destrúe. Un muíño sempre vai crear un abrigo na dirección a favor do vento.
De feito, haberá unha estela trala turbina, é dicir, unha longa cola de vento bastante turbulenta e ralentizada, se se compara co vento que chega á máquina. Realmente pode verse claramente tras un aeroxerador se se lle engade fume ó aire que vai pasar a través da turbina, tal e como fixo na imaxe. Neste caso, a turbina foi deseñada para xirar en sentido contrario ó das agullas do reloxo, algo inusual nas máquinas modernas.
Nos parques eólicos, para evitar unha turbulencia excesiva corrente abaixo ó redor das turbinas, cada unha delas soe estar separada do resto por unha distancia mínima equivalente a tres diámetros do rotor. Nas direccións de vento dominante esta separación é incluso maior.
Distribución en planta do parque
Debido ó efecto estela, cada muíño ralentizará o vento tras de si ó obter enerxía del para convertela en electricidade. Por tanto, o ideal sería separar as turbinas lo máximo posible na dirección de vento dominante. Pero, por outra parte, o custo do terreo e da conexión dos aeroxeradores á rede eléctrica aconsella emprazar as turbinas máis preto unhas das outras.
Como norma xeral, a separación entre maquinas nun parque eólico é de cinco a nove diámetros de rotor na dirección dos ventos dominantes, e de tres a cinco diámetros de rotor na dirección perpendicular aos ventos dominantes.
Coñecendo o rotor da turbina eólica, a rosa dos ventos, a distribución de Weibull e a rugosidade nas diferentes direccións, os fabricantes ou proxectistas poden calcular a perda de enerxía debida o apantallamiento entre muíños. A perda de enerxía típica é de ó redor do cinco por cento.
Efecto túnel
Se toma un camiño entre dous edificios altos ou nun paso estreito entre montañas observará que se dá o seguinte efecto: O aire se comprime na parte dos edificios ou da montaña que está exposta ó vento, e a súa velocidade medre considerablemente entre os obstáculos. Isto é o que se coñece como "efecto túnel". Así pois, incluso se a velocidade normal do vento nun terreo aberto pode alcanzar, digamos, seis metros por segundo, nun corredor natural pode facilmente chegar ós nove metros por segundo.
Situar un muíño en un túnel de este tipo es una forma intelixente de obter velocidades do vento superiores ás das áreas lindeiras. Para obter un bo efecto túnel este debe estar suavemente enclavado na paisaxe. No caso de que os outeiros sexan moi accidentados, pode haber moitas turbulencias na área, é dicir, o vento soprará en moitas direccións diferentes (y con cambios moi rápidos). Se hai moitas turbulencias, a vantaxe que supón a maior velocidade do vento verase completamente anulada, e os cambios poden causar roturas e desgastes innecesarios no aeroxerador.
Efecto do outeiro
Unha forma corrente de emprazar aeroxeradores é situándoos en outeiros ou estribacións dominando a paisaxe circundante. En particular, sempre supón unha vantaxe ter unha vista o máis ampla posible na dirección do vento dominante na área.
Nos outeiros sempre se aprecian velocidades do vento superiores ás das áreas lindeiras. Unha vez máis, isto é debido a que o vento se comprime na parte da montaña que dá ó vento, e unha vez o aire alcanza a cima do outeiro pode volver a expandirse ó descender cara á zona de baixas presións pola ladeira a sotavento do outeiro.
O vento empeza a inclinarse algún tempo antes de alcanzar o outeiro, debido a que en realidade a zona de altas presións esténdese hasta unha distancia considerable ó fronte do mesmo. Tamén se fai moi irregular unha vez pasa a través do rotor do aeroxerador.
Ó igual que ocorría anteriormente, se o outeiro é escarpada ou ten unha superficie accidentada, pode haber unha cantidade de turbulencias significativa, que pode anular a vantaxe que supón ter unhas velocidades de vento maiores.
Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380