O vento en Galicia
A enerxía eólica non se acumula. Nun día de máxima produción nos parques, enerxías que si poden ser controladas, como a térmica, reducen a súa xeración e lle dan preferencia para sacar máis rendemento a unha fonte renovable e limpa.

O vento en Galicia /

Fauna

As aves chocan a cotío con liñas aéreas de alta tensión, postes e fiestras de edificios. Tamén morren atropeladas polos automóbiles. Nembargante, rara vez se ven molestadas polos aeroxeradores.

Un estudio realizado en Dinamarca sobre unha turbina de dous megavatios, cun diámetro de rotor de sesenta metros, amosa que as aves (ben sexa de día ou de noite) tenden a cambiar a súa rota de voo uns cen ou douscentos metros antes de chegar á máquina, e pasan sobre ela a unha distancia segura. Algunhas aves acostúmanse aos aeroxeradores moi rapidamente, y téñense dado casos incluso de aniñar neles; a outras lévalles algo máis de tempo. Ó emprazar os parques eólicos, normalmente se teñen en conta as rotas migratorias destes animais.

Ecyr

A pintura branca das torres tamén axuda neste aspecto, xa que as aves advirte ese ton como unha luz reflectinte que lles cega, polo que evitan, na medida do posible, abalanzarse sobre os aeroxeradores.

Doutra banda, os emprazamentos nos que se colocan os parques eólicos serven na súa maioría de pasto a cabalos e vacas. A colocación de muíños neses terreos non interfire en absoluto esta actividade. Ó contrario, os animais sérvense deles para resgardarse do forte impacto do sol que sofren durante os meses de verán nesas localizacións. É curioso encontrarse ringleiras de cabalos ou vacas ó longo da sombra proxectada polo fuste.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb