O vento en Galicia
Moitos operarios das subestacións cursaron estudios do segundo ciclo de Formación Profesional, nas ramas de Electrónica, Electricidade, ou a recente Mantemento Industrial e Enerxías Renovables.

O vento en Galicia /

Aeroxeneradores e medio ambiente

Ante o avance da implantación eólica nos montes galegos xurdiron algunhas críticas relacionadas co impacto visual dos parques, unha vez que quedou demostrado que os aeroxeradores non son ruidosos nin alteran especialmente a vida das aves que sobrevoan estas zonas. Á minimización dos impactos ambientais contribuíu a propia natureza das empresas eólicas: Unhas compañías tan aliñadas co desenvolvemento sostible dificilmente poden descoidar a protección do entorno.

Os estudios previos á construción realizados no emprazamento nada deixan ó azar. Deste modo, analízase a correcta colocación dos aeroxeradores, en función de aspectos como a súa incidencia na avifauna, na riqueza vexetal, no curso dos ríos, no patrimonio arqueolóxico etc. Habitualmente, as zonas de implantación eólica, polo seu carácter ventoso e escarpado, non soen ser lugares habitados polo home.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb