O vento en Galicia
Moitos operarios das subestacións cursaron estudios do segundo ciclo de Formación Profesional, nas ramas de Electrónica, Electricidade, ou a recente Mantemento Industrial e Enerxías Renovables.

O vento en Galicia /

Paisaxe

A percepción de cómo os cidadáns encaixan os muíños na paisaxe é basicamente unha cuestión de gusto. En áreas chás soe ser boa idea situar as turbinas nunha distribución xeométrica simple, facilmente perceptible polo espectador. As turbinas situadas de forma equidistante ó longo dunha liña recta é unha boa solución, incluso máis elegante, en consonancia cos contornos da paisaxe.

Nembargante, existen límites á utilidade de ser dogmáticos sobre a utilización de patróns simples: Nas paisaxes con fortes pendentes, rara vez resulta viable unha solución sinxela, e parece mellor facer que as turbinas sigan os contornos de altitude da paisaxe, ou os cercados u outras características do contorno.

Ecyr


Cando as máquinas están situadas en varias filas, rara vez é posible percibir a distribución se se mira o parque desde unha altura dos ollos normal. Só se nos situamos ó final dunha fila, aparece realmente como unha distribución ordenada.

Doutra banda, as turbinas localizadas en Galicia están pintadas de cor branca, pintura que facilita a súa confusión co resto dos elementos da paisaxe, sobre todo en días anubrados ou con néboa baixa, habituais nesas localizacións.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb